Condutor alternativo

  • A campaña
  • Conducción segura
  • Datas
  • Testimonios
  • Galería de fotos

Redes sociais

facebookflickr

LIBRE, Libre de alcol, libre de preocupacións
videoclip

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, consciente das consecuencias negativas da condución de vehículos baixo os efectos do alcol, no ano 2011 segue apostando pola campaña LIBRE, incidindo sobre unha importante problemática xuvenil.

Esta iniciativa para a prevención de accidentes de tráfico entre a mocidade supón un punto de partida da Xunta de Galicia para desenvolver unha acción potente e decidida sobre esta importante problemática xuvenil, reflexionar sobre o consumo do alcol e a problemática que xenera na condución de calquera tipo de vehículo. En definitiva, sensibilización e concienciación por unha mobilidade cívica e segura.

banner_cancionEste ano súmase á campaña o grupo Jabón Blue co tema “Flores en la Carretera ”, canción que será o referente da referida campaña xunto cun videoclip. A sinopse do videoclip é a que segue:

Javi Maneiro, o cantante de Jabón Blue é o narrador da historia: Un grupo de rapaces, neste caso, os músicos de Jabón Blue, saen de troula. Mentres, a morte (Manuel Manquiña), vai na procura dalgunha vítima. Do grupo de rapaces, un deles non quere beber porque é o condutor. Este é seducido pola morte e a partir de aí relátase unha tráxica historia que xoga coa comparación entre un escalextric e tola condución nas estradas.