Condutor alternativo

  • A campaña
  • Conducción segura
  • Datas
  • Testimonios
  • Galería de fotos

Redes sociais

facebookflickr

Cursos de conducción segura

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado consciente das consecuencias negativas da condución de vehículos baixo os efectos do alcohol no ano 2011 segue apostando pola campaña LIBRE, incidindo sobre una importante problemática xuvenil.

Dentro da campaña de sensibilización LIBRE a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aposta novamente polos cursos de condución segura coa finalidade de achegar á mocidade actitudes seguras no uso dun vehículo tomando como base o coñecemento dos factores de risco na condución (alcol, drogas, sono,....), dos sistemas de seguridade activa e pasiva do vehículo (ABS, control de tracción, control de estabilidade, ....), así como da técnica de condución (manexo do volante, uso de freo e acelerador, adherencia do neumático,.....).

Poderán inscribirse nos cursos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos que estean en posesión do carné de conducir B.

Os cursos impartiranse no Circuíto da Madalena, no Concello de Forcarei (Pontevedra) as fins de semana do 15 e 16 de outubro e do 22 e 23 de outubro, e no Circuíto da Pastoriza, no Concello da Pastoriza (Lugo) as fins de semana do 29 e 30 de outubro e do 5 e 6 de novembro.

A actividade organizarase para 64 alumnos cada fin de semana en catro quendas de sábado pola mañán, sábado pola tarde, domingo pola mañán e domingo pola tarde. As quendas serán de 09:00 a 14.00 horas pola mañán e de 13:30 a 18:30 horas pola tarde.

A inscrición é mediante chamada telefónica dende o 15 de setembro en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres, nos seguintes números:

  • Para o circuíto da Madalena, no número de teléfono 986817080

  • Para o circuíto da Pastoriza, nos números de teléfono 982294224/982294251

Descarga o pdf con toda a información

 

Corrección de erros:

Para o circuito da Pastoriza o xustificante de pago e a fotocopia do Carné Xove remitirase ao fax 982294339 ou Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla